DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 11 de xuño de 2026 Páx. 33869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de maio de 2026 polo que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva derivada do expediente CO-0075-2026.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 24 de abril de 2026, ditou resolución en relación cunhas obras executadas en solo rústico (expediente CO-0075-2026).

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares do documento nacional de identidad 76514790T e 32430144Y, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpor recurso de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerciten o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante a Sección do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística