José Castro Hermida, con DNI ***5498**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas La Fe de Tourón, pola presente convoco o vindeiro día 11 de xullo de 2026, na casa do pobo de Tourón (Ponte Caldelas), ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Informe da comunidade.
3. Situación das contas a 31 de decembro de 2025.
4. Altas, baixas e cambios de titularidade de comuneiros/as.
5. Facultar a Xunta Directiva para a solicitude de subvencións e axudas en nome da comunidade.
6. Suba da cota da auga.
7. Rogos e preguntas.
Ponte Caldelas, 19 de maio de 2026
José Castro Hermida
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas La Fe de Tourón
