DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 12 de xuño de 2026 Páx. 34166

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO do 21 de maio de 2026 de notificación ás persoas xurídicas e entidades titulares que non puideron ser notificadas por medios electrónicos nin postais do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tras resultaren infrutuosos os intentos de notificación ás entidades e persoas xurídicas titulares dos bens relacionados a continuación, comunícase aos titulares responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Referencia catastral

Polígono/Parcela

Entidade responsable

19.8.2024

001600100NJ83E

0016001

Cedeira Cerdido, S.C.L.

2.9.2024

15022A50300255

503/00255

Grupo Marte Comunicación Gráfica, S.L.

27.8.2024

15022A04400095

44/95

Maderas Nebre

27.8.2026

15022A04500525

45/525

Maderas Nebre

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles aos titulares responsables que nas actas de inspección de referencia se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela ou parcelas que lles corresponda, prazo que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter da dita lei que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa –incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas– antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, a obriga de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada –ou a parte proporcional, se a área é inferior–, mentres persista o incumprimento, ou ben se poderá proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste suposto. En todo caso, a contía mínima a impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. A persoa que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase efectuar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido e dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, se for o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que leve a cabo as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Núm. de expediente

Ref. catastral

Hectáreas afectadas pola execución subsidiaria

Estimación de prezo por hectárea

Liquidación provisional

2024/001600100NJ83E

001600100NJ83E

0,0040

3.953,15 €

15,83 €

2024/15022A50300255

15022A50300255

0,0531

1.688,89 €

89,62 €

2024/15022A04400095

15022A04400095

0,0048

3.545,82 €

17,02 €

2024/15022A04500525

15022A04500525

0,0029

3.545,82 €

10,38 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxecto de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente Concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves).

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Cedeira, 21 de maio de 2026

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde