De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de documentación.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar a documentación computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, tamén se comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas se non presenta a documentación que se lle require no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE se lle terá por desistida da súa solicitude, logo da correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
|
Procedemento/núm. expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
|
PR905A 2026/280 |
55852931F |
Requirimento |
24.3.2026 |
|
PR905A 2026/330 |
13366893Y |
Requirimento |
14.4.2026 |
|
PR905A 2026/396 |
55848551C |
Requirimento |
24.4.2026 |
