BDNS (Identif.): 911329.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/911329
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que teña superado na Universidade de Vigo durante o curso 2025/26, e en todo caso antes do 31 de agosto de 2026, o traballo de fin de grao ou o traballo de fin de máster universitario; en caso de tese de doutoramento, esta debe estar lida e defendida entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é dar visibilidade á contribución daquelas liñas de investigación en materia de emprendemento e innovación impulsadas por estudantes da Universidade de Vigo a través do desenvolvemento dos seus traballos de fin de estudos (grao e máster) ou de tese de doutoramento.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan premios a traballos de fin de estudos (grao e máster universitario) e de tese de doutoramento con contidos en temas relacionados co emprendemento, curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de quince mil cincocentos euros (15.500 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 9 de xuño ata o 10 de setembro de 2026.
Vigo, 8 de xuño de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
Por delegación (R.R. do 30.5.2024, DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
