DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 28 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Moraña para a reordenación do campo da festa en Santa Lucía de Moraña, no concello de Moraña (expediente 2026AAE3071).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 26 de maio de 2026 sobre a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Moraña para a reordenación do campo da festa en Santa Lucía de Moraña, no concello de Moraña.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3071).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade