DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 16 de xuño de 2026 Páx. 34590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 20 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2024/182-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artgo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado neste Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por sí ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de 1ª Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 20 de maio de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2024/182-36.

Persoa interesada: GG791592.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 29 de abril de 2026.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.