En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Juan Manuel Salvado Gómez, en representación da Comunidade de Usuarios de Chociña, Soigrexa e Santa Margarita.
Expediente: DH.A36.116371.
Volume total anual: 8.206,08 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.
Destino: abastecemento e outros usos industriais: fontes.
Orixe: cinco (5) mananciais M1 a M5:
M1 na parcela 270, polígono 26.
M2, M3 na parcela 319, polígono 26.
M4, M5 na parcela 9014, polígono 26.
Todas do Catastro de Moraña.
Lugar: Paraños.
Parroquia: Gargantáns.
Concello: Moraña.
Descrición:
A auga captada nos mananciais condúcese a unha caseta na parcela 157, polígono 13, que contén 46 depósitos dos que parten conducións ás vivendas e fontes que abastece a comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 14 de maio de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
