Na sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada polas Resolucións do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño) e do 27 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros do DOG núm. 64, do 31 de marzo, e do DOG núm. 87, do 8 de maio),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 9 de maio de 2025 (DOG núm. 89, do 12 de maio), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaran o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica.
O 3 de xuño de 2025 a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña vinte novas persoas aspirantes, xa que as persoas aspirantes propostas co número 6 (Riesco Rodríguez, María Jesús [***2811**]), número 16 (Iglesias Rodríguez, Concepción [***3750**]), número 20 (Rodríguez Expósito, María del Carmen [***5255**]), número 21 (Parente Gómez, María Esther [***3843**]), número 33 (Pereira Ares, María Pilar [***4100**]), número 48 (Ares Gómez, Isabel [***7060**]), número 58 (Abalde Alonso, María Luz [***5593**]), número 67 (Sanmartín Feal, María Jesús [***5129**]), número 71 (López Fernández, Ascensión [***4935**]), número 72 (Caramelo Dans, Manuela [***4951**]), número 77 (Barro Morado, Marina [***5278**]), número 81 (Fernández Lorenzo, Aurelia [***5147**]), número 88 (Álvarez Álvarez, María Concepción [***5671**]), número 94 (Iglesias Fernández, María José [***2771**]), número 108 (López Vasconcellos, María Concepción [***5809**]), número 123 (Fernández Rey, Nuria [***9309**]), número 128 (Fariña Rodríguez, Ana Isabel [***2383**]), número 144 (Varela Castro, Lidia María [***0644**]), número 153 (Galán Teijeiro, María Ana [***3632**]) e número 211 (Rodríguez Quintana, Dolores [***1636**]) non presentaron a documentación requirida, polo que decaeron nos seus dereitos respecto do dito proceso selectivo.
A base III.4 da convocatoria dispón o seguinte: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. [...] Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario».
Por todo o dito, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, eliminando as persoas aspirantes decaídas, incorporando vinte (20) novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e reenumerando a orde de prelación desde o posto número 6 en atención á orde das puntuacións obtidas no mesmo, así como facer pública esta relación complementaria, facendo constar o documento nacional de identidade ou equivalente das ditas persoas que superaron o proceso (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal), no anexo desta resolución.
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, en virtude do artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na devandita base no caso de que non foran presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal co fin de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C2 (concurso).
Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica (20A3).
Prazas de acceso libre: 196.
Prazas de acceso segundo a base I.1.1: 17.
|
Nº de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
192 |
***0730** |
Liñares Giménez, Silvia |
Libre |
39,400 |
|
193 |
***6450** |
Rodríguez Blanco, María Trinidad |
Libre |
38,700 |
|
194 |
***8622** |
Sánchez Pérez, Sonia |
Libre |
38,425 |
|
195 |
***7133** |
Iglesias Iglesias, María Flora |
Libre |
38,300 |
|
196 |
***2201** |
Vilar Vázquez, Marta |
Libre |
37,500 |
|
198 |
***0498** |
Gulín Hermida, María Mercedes |
Libre |
36,900 |
|
199 |
***2503** |
Expósito González, María Rosa |
Libre |
36,600 |
|
200 |
***3079** |
Liñares Gómez, Erica |
Libre |
36,000 |
|
201 |
***2339** |
Yáñez Fernández, Úrsula |
Libre |
35,800 |
|
202 |
***8591** |
Monterroza Monterroza, Asnedy Isabel |
Libre |
35,300 |
|
203 |
***8913** |
González Castro, Amparo |
Libre |
35,100 |
|
204 |
***0034** |
Romero Cives, María Andrea |
Libre |
34,860 |
|
205 |
***1358** |
Martínez Martínez, Margarita |
Libre |
34,775 |
|
206 |
***0564** |
Ramos Mosteiro, Ana Vanessa |
Libre |
34,650 |
|
207 |
***6111** |
Roca Montenegro, María del Carmen |
Libre |
34,000 |
|
208 |
***3675** |
Panizo Cal, Natalia |
Libre |
33,725 |
|
209 |
***2046** |
Goyanes Vila, María Isabel |
Libre |
33,700 |
|
210 |
***6002** |
Grela Muñoz, Sonia |
Libre |
33,600 |
|
211 |
***7644** |
Pardo Rodríguez, Marta Ofelia |
Libre |
33,575 |
|
212 |
***1160** |
Esperón Barbosa, Gloria |
Libre |
33,300 |
