DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 17 de xuño de 2026 Páx. 34881

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario desta deputación, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2024, 2025 e 2026(CPI2026M), polo sistema de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 107, do 8 de xuño de 2026, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluidas nas ofertas de emprego público dos anos 2024, 2025 e 2026 (CPI2026M), polo sistema de promoción interna.

O prazo de presentación das solicitudes e da demais documentación será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referente a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 10 de xuño de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral