A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga), cualificada e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar.
Segundo o artigo 26 dos seus estatutos, correspóndelle á Presidencia do Cesga o nomeamento da persoa titular da Xerencia. Na súa virtude, mediante este anuncio, convócase unha praza de xerente (referencia: xerente-26_2) en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.
As bases e as condicións constan no taboleiro de anuncios do Cesga e na web seguinte: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Presidenta do Padroado da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
