De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou tras intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-58-211 e cinco máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do trámite de audiencia |
|
E-58-211 |
Manuel Barreiro Barreiro |
26.5.2026 |
|
4800-F-860 |
Carmen Fernández Campos e fillos |
26.5.2026 |
|
3664-F-941 |
Manuel López Rozados e outros |
26.5.2026 |
|
E-1117A-P |
Sociedad Nestle, A.E.P.A. |
26.5.2026 |
|
E-1008-P |
Benjamín López Castro |
26.5.2026 |
|
E-78-125-P |
María Rielo Porral e José Porral Seco |
26.5.2026 |
