De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícanselles ás persoas denunciadas cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é a Dirección do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
A instrución do expediente recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A 6º, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación dos presentes acordos, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.
Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.
De non efectuar alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolución.
Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.
Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación dos presentes acordos para identificarse, no caso de que non fosen os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicar o seu nome, os apelidos e o documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán persoalmente, cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2026
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 12-31-26-02 9083-JJV Garda Civil |
34583573Z |
Estacionamento prohibido 3.5.2026 15.00 horas Muxía (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-17-26-17 1615-KST Garda Civil |
53117794F |
Estacionamento prohibido 22.4.2026 19.10 horas Bueu (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-17-26-19 7160-LGC Gardapeiraos |
76834844D |
Estacionamento prohibido 23.4.2026 11.56 horas Bueu (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-17-26-21 8317-CHK Gardapeiraos |
B27875715 |
Estacionamento prohibido 29.4.2026 13.14 horas Bueu (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
