DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de maio de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas trámites de audiencia, requirimentos e resolucións de modificacións do acordo da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, avenidaMaría Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE. De igual xeito, advírteselles ás persoas interesadas que, consonte o artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non achegaren no dito prazo os documentos que lles son requiridos, teranse por desistidas da súa petición.

Pontevedra, 29 de maio de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MAEGF-321

38400815S

Trámite de audiencia

MAEGF-OFI-1103

35555674C

Requirimento

MAEGF-OFI-1108

35543041Z

Requirimento

MAEGF-OFI-1105

36031255F

Resolución modificación acordo

MAEGF-OFI-1105

36049305W

Resolución modificación acordo