DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35033

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Por Resolución conxunta do 21 de abril de 2026 (DOG núm. 78, do martes, 28 de abril) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade ela. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar gañador do premio na categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto «Mostros publicitarios», realizado polo colexio Rial Mouzo, S.L.

Segundo. Declarar deserta a categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria).

Terceiro. Declarar gañador na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto «Sumando valores, restando riscos», realizado polo IES Ramón María Aller Ulloa.

Cuarto. Declarar gañador da categoría D (alumnado de educación especial), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto «Etiquetaxe 3D na horta inclusiva», realizado polo CEE Manuel López Navalón.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2026

Román Rodríguez González

Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén Castro

Director xeral do Instituto Galego
de Consumo e da Competencia