DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 18 de xuño de 2026 Páx. 35067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de prórroga da concesión de ocupación de tres mil seiscentos (3.600) metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre con destino ao aparcadoiro subterráneo no paseo marítimo de Viveiro, no termo municipal de Viveiro.

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 25 de maio de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia coas seguintes condicións principais:

Titular: Concello de Viveiro.

Destino: aparcadoiro subterráneo no paseo marítimo de Viveiro.

Superficie: 3.600 m².

Prazo: ata o 5 de outubro de 2043.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/C-263-aparcadoiro-viveiro.pdf

Santiago de Compostela, 1 de xuño do 2026

Paula María Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático