
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos, en concreto, de conformidade co regulado no Regulamento (UE) 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, en canto á visibilidade da orixe do financiamento consonte o seu artigo 34.2 e o establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial; co previsto no seu artigo 9, dáselles publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indican por razón do seu financiamento pola Unión Europea:
Poder adxudicador:
1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5) Código NUTS: ES111.
1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7) Fax: 981 95 74 03.
1.8) Teléfono: 981 95 74 01.
1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e á páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES112 Viveiro (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de melloras estruturais para a redución do risco de inundación da área de risco potencial e significativo de inundación (ARPSI) fluvial ES014-LU-170101, río Fontecova, en Viveiro (Lugo) –obra con referencia de expediente AUG-2025-0119 e clave do proxecto OH.427.697 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Referencia de expediente: AUG-2025-0172.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito á regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 45.089,96 euros. Importe total: 54.558,85 euros.
8. Valor estimado do contrato: 65.468,28 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (45.089,96 euros) e a/s posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (20.378,32 euros).
9. Prazo de execución do contrato: 9 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 4 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2) Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).
11. Data da adxudicación do contrato: 20 de marzo de 2026.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1) Ofertas totais: 4.
12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 3.
12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4) Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 10 de abril de 2026.
14. Empresa contratista:
14.1) Nome da empresa ou de ser o caso UTE: Ametlam, S.L.
14.2) NIF: B32486995.
14.3) Enderezo: praza do Concello 3A, 32360 A Veiga (Ourense).
14.4) Código NUTS: ES113.
14.5) Correo electrónico: oficina@ametlam.gal
14.6) Fax:
14.7) Teléfono: 620 45 51 33.
14.8) Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 38.687,19 euros. Importe total: 46.811,50 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II Infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5 Preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 2 (C05.I02) Seguimento e restauración dos ecosistemas fluviais, recuperación de acuíferos e mitigación do risco de inundación; submedida C05.I02b de actuacións para mitigar o risco de inundación; proxecto 01 (C05.I02.P03) de actuacións para mitigar o risco de inundación; subproxecto 13 (C05.I02.P03.S13) de actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia; e contribúe á consecución do fito nº 77 Restauración das proteccións de leitos e ribeiras contra os riscos de inundación.
O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia do coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
17. O Instrumento Europeo de Recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia do coronavirus. A Europa posterior á Covid-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4) Código postal: 15781.
17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6) Fax: 981 95 74 03.
17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información sobre o Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 21 de novembro de 2025.
Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 25 de marzo de 2026.
Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil do contratante: 17 de abril de 2026.
Publicación do anuncio de formalización do contrato no perfil do contratante: 20 de abril de 2026.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
