DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0015/2026-ORS e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0015/2026-ORS e nove mais.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 2 de xuño de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-FE-0015/2026-ORS

32738729T

Inicio

PSC-FE-0020/2026-V

32737000L

Inicio

PSC-FE-0021/2026-V

32716976M

Inicio

PSC-FE-0022/2026-V

32738729T

Inicio

PSC-FE-0025/2026-ORS

32656782W

Inicio

PSC-FE-0028/2026-V

32709114D

Inicio

PSC-FE-0029/2026-V

32658144F

Inicio

PSC-FE-0030/2026-V

32676725G

Inicio

PSC-FE-0032/2026-V

32655355R

Inicio

PSC-FE-0042/2026-PPM

32706173N

Inicio