Na sesión que tivo lugar o 11 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de abril de 2026 (DOG núm. 85, do 8 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, acordou por unanimidade, de conformidade co disposto na base II.1.2.6, que o primeiro e segundo exercicio, que se realizarán de modo simultáneo na mesma sesión conforme o previsto na base II.1.1, teñan lugar o día 27 de xuño de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
O tempo máximo de duración conxunta de ambos os dous exercicios será de cento sesenta (160) minutos.
As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberán ir provistas de lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026
Fernando Martínez Quindimil
Presidente do tribunal
