DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 19 de xuño de 2026 Páx. 35341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 4 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se cita a persoa interesada en relación co procedemento que se tramita coa referencia SXRH-PD-8/26.

A persoa instrutora do procedemento SXRH-PD-8/26 remitiulle á persoa inculpada unha citación para a vista do expediente, tanto ao domicilio que consta nos rexistros da consellería, a través do servizo de Correos, como mediante a posta á disposición electrónica, intentos ambos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícanse a persoa, a referencia do procedemento e os trámites a que é convocada:

Persoa citada: 34264263J.

Procedemento: SXRH-PD-8/26.

Trámite: citación para o día 2.7.2026, ás 10.00 horas, nas dependencias do Servizo Territorial de Inspección Educativa do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (sitas no enderezo: rúa do Concello, 11, 7º andar, Ourense), co obxecto de dar vista ao expediente con ocasión do procedemento disciplinario que se tramita coa referencia SXRH-PD-8/26, en cumprimento do establecido no artigo 26.2 do Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración autonómica de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Ourense, 4 de xuño de 2026

María Bóveda González
Instrutora