Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS Martagona-Furelos e CT Furelos III, no concello de Melide (expediente IN407A 2025/245-1), pola Resolución deste departamento territorial, do 8 de abril de 2026, a favor da entidade beneficiaria Fuciños Rivas, S.L., con enderezo na rúa Rocamor, 2, 15800 Melide (A Coruña).
Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 20 de xullo de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Melide, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 8.1.2026, no BOP do 12.1.2026 e no xornal La Voz de Galicia do 19.12.2025, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará unha notificación individual en que se sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 28 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
