En relación cunha solicitude de acceso á información pública referida ao expediente S-L-05.25, formulada ao abeiro da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural outorgou trámite de audiencia ao interesado no expediente, por un prazo de quince días, para formular alegacións e/ou manifestar o seu consentimento respecto da dita solicitude de acceso á información pública, de conformidade co artigo 15.1 da mesma lei. Intentada a notificación persoal da concesión de prazo de alegacións, non foi posible a súa práctica.
Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no complexo Administrativo San Caetano, edificio 3, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026
Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural
ANEXO
Expediente: S-L-05.25.
DNI/CIF da persoa interesada: 33304439W.
Acto notificado: trámite de alegacións no procedemento de acceso á información pública.
