En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.13348 e dezaseis máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A15.13348 |
Alfonso Juncal Ríos |
590 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Levoráns P: Trasmonte (Santa María) C: Ames |
|
DH.A36.6578 |
José de la Torre Gómez |
3.626 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Carboeiro de Francia P: Carboeiro (Santa María) C: Silleda |
|
DH.A36.6125 |
Comunidade de Usuarios de Barcia |
1.388 m3 |
Manancial |
Doméstico |
L: Fronteira, Pedreira e Batán P: Meis (San Martiño) C: Meis |
|
DH.A15.10360 |
Comunidade de Usuarios do Manancial de «Cabanelas» |
6.307 m3 |
Manancial |
Doméstico |
L: O Vilar de Outes P: Outes (San Pedro) C: Outes |
|
DH.A15.11803 |
Emilio Clemente Brey |
2.400 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Regueiro P: Rivadulla (Santa Cruz) C: Vedra |
|
DH.A36.4454 |
Javier Saa Quintas |
11.983 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Chousa da Cabanesa P: Vilela (Santa María) C: Rodeiro |
|
DH.A15.09900 |
Comunidade de Usuarios do Cruceiro |
2.207 m3 |
Manancial |
Doméstico |
P: Vilachá (Santa María) C: Monfero |
|
DH.A15.9239 |
José María Pérez Bello |
23.652 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Fiopáns P: Fiopáns (San Pedro) C: A Baña |
|
DH.A15.10144 |
Ismael Vieiro Marzoa |
789 m3 |
Manancial |
Doméstico |
L: Leborán P: O Pino (San Vicenzo) C: O Pino |
|
DH.A15.18022 |
José Celestino Quintáns Mayo |
1.356 m3 |
Dous mananciais |
Rega |
L: Paraxó P: Ordoeste (Santa María) C: A Baña |
|
DH.A36.7909 |
Comunidade de Regantes Cima do Agro |
4.100 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Constenla P: Castro (San Miguel) C: A Estrada |
|
DH.A36.7669 |
Horacio Mariño Carballa |
2.208 m3 |
Manancial |
Doméstico e rega |
L: Gombra P: Tremoedo (Santo Estevo) C: Vilanova de Arousa |
|
DH.A36.9215 |
Comunidade de Usuarios Manancial de Valdebarreiro |
3.784 m3 |
Manancial |
Doméstico e gandeiro |
L: A Abeleda P: Vilanova (San Xoán) C: Lalín |
|
DH.A36.10761 |
Jesús Neira Terzado |
1.890 m3 |
Manancial |
Gandeiro |
L: Aldea Grande P: Paradela (Santa María) C: A Estrada |
|
DH.A36.12834 |
Dolores Casais Rey |
1.422 m3 |
Manancial |
Doméstico e rega |
L: Praxe de Linar P: Arcos (San Breixo) C: Cuntis |
|
DH.A36.13875 |
Chapistería O Sol, S.L. |
2.364 m3 |
Pozo |
Doméstico e rega |
L: Os Vilas P: Rubín (Santa María) C: A Estrada |
|
DH.A27.05504 |
Ubaldo Bellas Prieto |
9.904 m3 |
Pozo |
Doméstico, rega e gandeiro |
L: Casanova P: O Burgo (Santa María) C: Muras |
