En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.5949 e un máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A36.5949 |
Comunidade de Usuarios de Ouzande |
24.283 m3 |
Seis mananciais |
Doméstico |
L: A Cerrada do Chan P: San Lourenzo de Ouzande C: A Estrada |
|
DH.A36.05739 |
Victoriano Barcala Cortés |
1.261 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Veiga P: Salcedo C: Pontevedra |
