DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de xuño de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 202415ALUG01896M do Programa de axuda ao alugamento de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de xuño de 2026

O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 3.3.2026)
José Manuel Valeriano Rosales Escudero
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

202415ALUG01896M

32597209E

Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda