DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35570

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autoriza e se publica o acordo adoptado pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

De conformidade coas competencias previstas nas normas I.5.3. do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal, asinado o 29 de abril de 2026, no seo da Comisión Central de Seguimento do devandito pacto, na reunión mantida o 9 de xuño de 2026, adoptouse o acordo que se recolle na presente resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ACORDO:

Modificación da data de valoración de requisitos e méritos para a actualización das listas de persoal temporal con requisito de acceso de especialidade sanitaria

De modo excepcional –con motivo da finalización no mes de xullo de 2026 dun determinado colectivo de residentes que, polo atraso xerado durante a pandemia do coronavirus SARS-CoV-2, iniciou con demora a súa formación sanitaria especializada, xunto coa posible dilación na publicación das listas definitivas das categorías de enfermeiros/as especialistas correspondentes ao ciclo do ano 2025–, na actualización de todas as listas de selección temporal do Servizo Galego de Saúde que se leven a cabo ao longo do ano 2027 teranse en conta todas as inscricións rexistradas ata o 31 de outubro de 2026 e valoraranse todos os méritos causados ata o 15 de outubro de 2026.