DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35564

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 8 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2026 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar os días 29 e 30 de xuño de 2026, en chamamento único nos respectivos días ás 14.30 horas na sala D, situada na planta baixa do edificio administrativo San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

O día 29 de xuño terá lugar a realización do segundo exercicio dos seguintes aspirantes:

– Atán Jurjo, Mónica Manuela.

– Gay Varela, Mª Monserrat.

O día 30 de xuño terá lugar a realización do segundo exercicio dos seguintes aspirantes:

– Puentes Paz, Ángel Marcos.

– Velay Fábregas, Juan Carlos.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.), sen prexuízo da posibilidade de utilización alternativa do material que a ese respecto lle facilitará o tribunal. Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026

Álvaro Baaliña Insua
Presidente do tribunal