De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede deste departamento territorial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 4 de xuño de 2026
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
|
ANI-CO-0153/2025-V |
DNI 43091192W |
Resolución do procedemento sancionador |
|
ANP-CO-0034/2025-V |
DNI 32688695Z |
Proposta de resolución |
|
ANI-CO-0066/2026-V |
DNI 49915206P |
Resolución do procedemento sancionador |
|
ANI-CO-0095/2025-V |
DNI 32441240Q |
Resolución do procedemento sancionador |
