DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 22 de xuño de 2026 Páx. 35695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da aprobación das bases e da convocatoria para a selección de funcionario/a de carreira da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, escala básica, categoría policía local, grupo de titulación C, subgrupo C1 (expediente 1111/2025).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 112, do 19.5.2026, foron publicadas as bases reguladoras do proceso de selección, mediante oposición libre, dun/dunha funcionario/a de carreira de administración especial, clase policía local (C1) da OEP complementaria de 2025.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Guitiriz, 21 de maio de 2026

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa