DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 23 de xuño de 2026 Páx. 36095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 5 de xuño de 2026, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se lle notifica a proposta de resolución á persoa interesada en relación co procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025 en materia de comunicación audiovisual.

A persoa instrutora do procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025 remitiulle á persoa interesada a proposta de resolución ao domicilio que consta nos rexistros da Secretaría Xeral de Medios, a través do servizo de Correos e tamén mediante a posta á disposición no Sistema de notificación electrónica-Notifica.gal, intentos que resultaron infrutuosos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando as persoas interesadas no procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puido efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución do 22 de maio de 2026, ditada no procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025, á persoa interesada con DNI 00378136Q.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro da proposta de resolución así como os documentos que integran o procedemento están á disposición do interesado na oficina da Secretaría Xeral de Medios, no Edificio Administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, A Coruña (teléfono de contacto 981 54 12 30), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O interesado dispón dun prazo de 10 días hábiles a partir da publicación deste anuncio para que poida exercer o seu dereito á vista do expediente, formular alegacións e presentar os documentos e as informacións que considere pertinentes. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026

María Nieves Domínguez Castro
Instrutora