Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 6 de maio de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Proxecto para LMTS, CTC e RBT rúa Castro de Montrove, no concello de Oleiros (expediente IN407A2026/019-1).
O texto íntegro da resolución que se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 4 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Oleiros
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Castro |
Matogueira |
Antonio López Barro |
CT e acceso |
30.03 |
||||
