De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 4 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Interesado/a |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
|
33209048S |
IN635A 2025/000404-1 |
Alegacións |
Sada |
|
47377475M |
IN635A 2025/000616-1 |
Resolución |
Arteixo |
|
33296085C |
IN635A 2026/000135-1 |
Alegacións |
Carballo |
|
47353783A |
IN635A 2026/000163-1 |
Alegacións |
Sada |
|
32764769G |
IN635A 2026/000171-1 |
Alegacións |
A Coruña |
|
52454410N |
IN635A 2026/000183-1 |
Alegacións |
A Pobra do Caramiñal |
|
49205699M |
IN635B 2025/000041-1 |
Resolución |
Culleredo |
