No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 102, do luns 1 de xuño de 2026, publicáronse as bases que rexen a convocatoria do proceso selectivo para cubrir a seguinte praza vacante por quenda libre, incluída na oferta de emprego público para o ano 2023:
– Unha (1) praza de administrativo/a da Administración xeral, pertencente á escala de administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1 (funcionario/a de carreira, oposición).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas súas bases reguladoras.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Meis, 1 de xuño de 2026
Marta Giráldez Barral
Alcaldesa
