DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución dun auditorio en solo rústico, no concello de Salvaterra de Miño (expediente 2026AAE3087).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 8 de xuño de 2026 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución dun auditorio en solo rústico, no concello de Salvaterra de Miño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3087).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidad