DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 25 de xuño de 2026 Páx. 36481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/392-1, no concello de Valdoviño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Pousada, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2023/392-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 15 de xuño de 2026.

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/392-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Pousada.

Concello: Valdoviño.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

2

Malde

15088A01900484

Descoñecida

16.7.2026

9.30

8

Malde

15088A01900483

Descoñecida

16.7.2026

9.40

10

Pedrosa

15088A01900617

Descoñecida

16.7.2026

9.40

15

Coto Mouro

15088A01900720

Descoñecida

16.7.2026

9.50

17

Coto Mouro

15088A01900719

Descoñecida

16.7.2026

9.50

20

Malde

15088A01900623

Descoñecida

16.7.2026

10.00

28

Coto Mouro

15088A01900711

Descoñecida

17.7.2026

9.50

30

Coto Mouro

15088A01900709

Arturo López González

17.7.2026

9.50

31

Coto Nov

15088A01900708

Descoñecida

17.7.2026

9.50

34

Coto Mouro

15088A01900705

Trinidad Loureiro Rey

17.7.2026

10.00

35

Coto Mouro

15088A01900704

Descoñecida

17.7.2026

10.00

36

Coto Mouro

15088A01900703

Descoñecida

17.7.2026

10.10

37

Coto Mouro

15088A01900702

Descoñecida

17.7.2026

10.10

40

Pousada

15088A01800096

Descoñecida

17.7.2026

10.30