DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación do depósito do xusto prezo dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Substitución apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase á persoa ou persoas afectadas pola expropiación de que se procedeu á consignación do depósito do xusto prezo dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712 que figura no cadro anexo.

A persoa ou persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Canda a solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 10 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/426-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución apoios A53VALLG e A533L8JA na LMT RED712.

Concello: Mos.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito do xusto prezo

1

36033A011000460000SS

Descoñecido

2026/54/166