Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol na LMT PDS805 en 9JDP5Q6D//11-A-4, no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2024/149-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 10 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/149-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de telecontrol na LMT PDS805 en 9JDP5Q6D//11-A-4.
Concello: Porto do Son.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
1 |
Pereiras |
15072A502016290000OD |
Descoñecida |
26.6.2026 |
