DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO do cambio de uso dos inmobles de natureza urbana, situados no Monte do Sino, coas referencias catastrais 15046A065003820000AB e 15046A065090020000AO.

O Pleno da Corporación, en sesión plenaria ordinaria celebrada o 8 de maio de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo en relación co cambio de usos urbanísticos dotacionais, de conformidade co artigo 42.5 da Lei do solo de Galicia:

Aprobar o cambio de uso dos inmobles de natureza urbana, situados no Monte do Sino, coas referencias catastrais 15046A065003820000AB e 15046A065090020000AO.

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, tras cita que se solicitará ou ben por escrito no Rexistro municipal ou ben a través da sede electrónica municipal.

O dito acordo ten carácter de disposición administrativa de carácter xeral e contra el procede recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Mazaricos, 28 de maio de 2026

Juan J. Blanco Riveiro
Alcalde