Esta resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Resolución do 19 de xuño de 2026 (DOG núm. 116, do 23 de xuño) convocáronse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
En aplicación da xurisprudencia establecida polo Tribunal Supremo, entre outras, na Sentenza número 495/2026, do 23 de abril de 2026, en que se establece o criterio favorable ao recoñecemento da adscrición definitiva ao posto de traballo en determinados supostos, procede realizar a modificación do anexo I e do anexo II da antedita resolución nos termos establecidos nesta resolución.
Por todo o cal, esta consellería, en exercicio das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro. Eliminar do anexo I as persoas convocadas que se relacionan a continuación que optaron por seguir mantendo a súa pretensión xudicial para a obtención dun destino definitivo ou non manifestaron a súa opción, segundo a comunicación remitida o 28 de maio de 2026:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Convocatoria |
Acceso |
|
***3401** |
Arboiro Cancela, Marisol |
2020 |
A2 PI |
|
***3602** |
Cabanas Grandío, Beatriz |
2019 |
C2 Libre |
|
***6111** |
Castiñeiras Landeira, Silvia |
2019 |
AP Libre |
|
***3690** |
Cela Núñez, María Carmen |
2019 |
C2 Libre |
|
***3833** |
Eijo Álvarez, María Rosario |
2019 |
A2 Libre |
|
***9418** |
Escribano Fernández, Paula María |
2019 |
A1 libre |
|
***9863** |
Fernández Cadaya, María del Rosario |
2020 |
C2 PI |
|
***3731** |
Fernández Regueiro, Marta |
2020 |
C2 PI |
|
***3658** |
García Fernández, María Nuria |
2020 |
A2 PI |
|
***3271** |
González Martínez, Mónica |
2020 |
C1 PI |
|
***1304** |
Iglesias Francos, Ana Isabel |
2020 |
C1 PI |
|
***2703** |
López Sánchez, Silvia |
2019 |
A1 libre |
|
***1894** |
Loyo Portero, María Lucía |
2019 |
AP Libre |
|
***5577** |
Muleiro Veloso, María del Pilar |
2019 |
AP Libre |
|
***4606** |
Salgado Diz, Eduardo |
2019 |
AP Libre |
