De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos na Coruña, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 11 de xuño de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Nome |
Acto que se notifica |
|
PI2021 P1 IN622B/17 |
CP Pedro Barrié de la Maza, 32 |
1ª multa coercitiva |
