DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2024/110-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CAS801 no treito entre os apoios núms. D63-4 e D63-5, na Casa do Concello de Cenlle, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 12 de xuño de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/110-3.

Instalación: Regulamentación LMTA CAS801 no treito entre os apoios núms. D63-4 e D63-5.

Concello: Cenlle.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 20 de xullo de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Cenlle.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

2

Voutureira

32026A018002160000TT

Herdeiros de Carmen Fernández Durán

12.30