DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 37054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ACORDO do 12 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se fai pública a aprobación do balance final de liquidación e da proposta de distribución do activo da cooperativa Glub Marketing y Gestión, Sociedade Cooperativa Galega Juvenil.

En cumprimento do disposto na disposición adicional novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise pública a aprobación, adoptada por unanimidade na asemblea xeral universal celebrada o 6 de febreiro de 2026 da cooperativa Glub Marketing y Gestión, Sociedade Cooperativa Galega Juvenil, do balance final de liquidación e do proxecto de distribución do activo.

A Coruña, 12 de xuño de 2026

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña