En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A36.16389 e seis máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A36.16389 |
Gandeiría Louzao, S.C. |
21.187 m3 |
Un manancial |
Doméstico, gandeiro e rega |
L: A Ribeira |
|
DH.A36.8016 |
Isolina Vence Doporto |
4.100 m3 |
Manancial |
Doméstico, pecuario e rega |
L: Penerbosa |
|
DH.A36.8411 |
Manuel Rozados Villar |
9.460 m3 |
Manancial |
Gandeiro e rega |
L: Outeiro |
|
DH.A36.11319 |
Arturo Baqueiro Gabián |
2.586 m3 |
Manancial |
Gandeiro |
L: O Cocho do Lobo |
|
DH.A36.12404 |
José Luis Cerdeira Campos |
5.551 m3 |
Manancial |
Doméstico e gandeiro |
L: As Fontiñas |
|
DH.A36.14726 |
Sanitago Fernández García |
2.146 m3 |
Manancial |
Doméstico |
L: Areán |
|
DH.A36.14763 |
Rubén Perfecto Quintá Quintá |
1.796 m3 |
Manancial |
Gandeiro |
L: Rubiás |
