DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37191

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026 (código de procedemento PE155B) (Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2026).

En cumprimento do disposto no artigo 33 da orde de bases reguladoras e os artigos 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas e recollidas no anexo, na convocatoria de 2026, dentro do programa 723C Desenvolvemento sostible das zonas de pesca e con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.723C.780.0 para o financiamento de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector Pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María de los Ángeles Vázquez Suárez
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 16.03.723C.780.0

Proxecto

Beneficiario

Importe (€)

PE155B-2026-00003 Transformación e valorización do produto pesqueiro

GALP Seo Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible

28.304,57

GALP Ría de Pontevedra

28.304,57

GALP Ría de Arousa

28.304,57

GALP Golfo Ártabro Sur

28.304,57

GALP Costa da Morte

28.304,57

GALP A Mariña Ortegal

28.304,57

GALP Golfo Ártabro Norte

28.304,57