DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o anexo II-Proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración da C.E. Vilafría número 1544.3 (PO/C/01544.3), situada no termo municipal do Porriño.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), sométese ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o anexo II ao proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración da C.E. Vilafría núm. 1544.3 (PO/C/01544.3), situada no termo municipal do Porriño, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Cando sexa indispensable a atención persoal, poderase acudir ás dependencias do Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 44.

As posibles alegacións presentaranse por escrito, ante este órgano administrativo, en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Pontevedra, 20 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra