DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de comunicación da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia pola expropiación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica (expediente IN407A 2022/37 ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación, e mais os xuros, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Lugo, 9 de xuño de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente IN407A 2022/37 ATE.

Denominación: Regulamentación LMTA SAR804 entre apoios nº D155 e D158.

Concello: Paradela.

Predio

Titularidade proposta

Depósito núm.

1

Jaime Fernández Ojea

321/2026