Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notificase ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TTL811 entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8.
Lugo, 15 de xuño de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/83-2.
Denominación: Regulamentación LMTA TTL811 entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8.
Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no Folgoso do Courel.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
|
1 |
8 |
459 |
Soutullo |
Monte baixo |
Descoñecido |
