Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 19 de xuño de 2026, procede realizar a seguinte corrección na páxina 35325.
Onde di:
«9.1. Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo se o posto que ocupan está definido na relación de postos de traballo tamén para o subgrupo A2; na súa falta, designarase destino provisional a un posto do subgrupo A2».
Debe dicir:
«9.1. Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo se o posto que ocupan está definido na relación de postos de traballo tamén para o subgrupo A2; na súa falta, designarase destino definitivo nun posto do subgrupo A2».
