DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xuño de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente E-1296-L e nove máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-1296-L e nove máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
ou QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-1296-L

Emilio Vijande Vilar

200 l/s

Río

Rega e forza motriz

C: Mondoñedo

E-146-C

Ramón María Pardo y Mella

160 l/s

Río

Forza motriz

P: Pousada (San Mamede)

C: Sobrado

E-143-C

Antonio Pardo Brea

6,25 l/s

Regato

Rega

L: A Torre

P: Albixoi (Santa Mariña)

C: Mesía

E-171-C

Manuel Solórzano Ibáñez

1.500 l/s

Río

Forza motriz

L: Monte do Faro

C: Vilasantar

E-1417-C

Antonio Pita Iglesias

10 l/s

Río

Rega

L: Castiñeiras

P: Cumbraos (Santa María)

C: Mesía

E-1418-C

Antonio Pita Iglesias

2 l/s

Río

Rega

L: O Vilar

P: Cabrui (San Martiño)

C: Mesía

E-1568-C

Servicio de Concentración Parcelaria

26 l/s

Río

Rega

P: Numide (Santiago)

C: Tordoia

E-28-C

José Joaquín Barreiro

42 l/s

Río

Rega

C: Boimorto

E-66-C

Benito García Buela

200 l/s

Regato

Forza motriz

L: Sinde

P: Carcacía (San Pedro)

C: Padrón

E-70-C

Pastor García Varela

500 l/s

Río

Forza motriz

L: Tras da Ribeira

P: Présaras (San Pedro)

C: Vilasantar