DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trasmiras

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo.

Por Resolución da Alcaldía núm. 125, do 13 de maio de 2026, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de auxiliar administrativo deste concello, mediante sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia número 113, do 17 de xuño de 2026, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición libre, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Grupo

C

Subgrupo

C2

Escala

Administración xeral

Subescala

Auxiliar administrativo

Denominación

Auxiliar administrativo

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello, enderezo https://trasmiras.sedelectronica.gal e, de ser o caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Trasmiras, 25 de xuño de 2026

Emilio José Pazos Ojea
Alcalde